O Club Athlos regresa de Vigo con oito medallas (tres de ouro) tras participar nas categorías Sub13 e Sub 17 do Galicia TOP TTR N7.
Unha vez máis, o Club Athlos acada un gran resultado grazas ó bo nivel mostrado polos deportistas que o representaron na competición que se desenvolveu na Escola Rosalía de Vigo.
O Club Athlos regresa de Vigo con oito medallas
Tres medallas de Ouro, 1 de prata e catro bronces é o resultado acadado polo conxunto de deportistas que viaxaban coas adestradoras Sara Galicia e Sara Ezquerro.
- Medallas de Ouro
Antón González e Daniel Álvarez no dobres masculino sub13
Xoel Álvarez no dobres masculino sub17 xunto a Adrián Rodríguez (CB As Neves)
Martina Llamas e Noa Martínez no dobres feminino sub17 - Medalla de Prata
Mariña González e Beatriz López no dobres feminino sub17 - Medallas de Bronce
Gael Rguez Santamaría no dobres masculino sub17 unto a Iker Otero do (CB As Neves)
Mariña González no individual feminino sub17
Beatriz López e Gael R. Santamaria no dobres mixto sub17
Emma Pedrera e Eva Fernández no dobres feminino sub17