Eventos

O comercio de Barbadás celebrará unha Noite Moucha

O comercio do concello de Barbadás celebrará unha Noite Moucha este venres, 31 de maio, con diferentes actividades e o peche máis tardío dos establecementos.

Para o sector comercial de Barbadás, este venres ábrese unha oportunidade de atraer nova clientela grazas á colaboración do concello.

O comercio de Barbadás celebrará unha Noite Moucha

A Noite Moucha terá numerosas propostas lúdicas para atraer clientela ós establecementos comerciais que pecharán ás 23h. Será desde as 18h cando as persoas que asistan a esta Noite Moucha poidan mercar nos comercios ó mesmo tempo que se realizan varias actividades.

Ademais das promocións que realizarán varios dos establecementos, a Noite Moucha contará con baile na rúa, inchables, xincana, globoflexia, pintacaras, realidade virtual ou meditación. O escenario da maioría destas propostas será a avenida de Celanova onde tamén se realizará un gran sorteo de agasallos ás 22h.

Participarán neste sorteo aquelas persoas que dispoñan dunha cartilla selada polos establecementos participantes.

O comercio de Barbadás celebrará unha Noite Moucha

Listado de establecementos participantes na Noite Moucha de Barbadás

  • Fisioremove
  • Twins
  • Twins Men
  • Elma
  • La Cigüeña
  • Calzados Zocos
  • Herbolario Gaia contigo
  • Bel Moda e complementos
  • Ohana Baby
  • Ohana Deco
  • Librería A Valenzá
  • Donicela
  • Librería Carlin
  • Más que un sueño
  • MVT Galicia
  • Artelandia Ocio Creativo

Botón volver arriba