Comeza en Ourense a construción dun proxecto de 1996 que durante 25 anos estivo paralizado polos distintos gobernos nacionais.
Un acto para celebrar o inicio das obras da variante norte puxo fin a unha larga espera do proxecto de autovía máis lonxevo reflectido nos presupostos xerais.
Comeza en Ourense a construción dun proxecto de 1996
Este proxecto de autovía permitirá liberar o trazado da N-120 e enlazar coa futura autovía Ourense-Lugo. Polo momento, comezan as obras dun tramo de 2 kilómetros que unirá a saída norte da A-52 con Quintela. Quedan pendentes de licitar os outros tramos que permitirán completar esta infraestructura de gran importancia en Ourense.
Adolfo Pérez Abellás, Deputado Nacional do Partido Socialista, indicou que o goberno central «aprobou incluír nos orzamentos de 2021 case 30 millóns de euros para construír este primeiro tramo».