Eventos

Alexandre Corbillón presenta a súa obra no Carballiño

O escritor Alexandre Corbillón presenta a súa obra «O segredo do trasno» na tenda OZOCOgz do Carballiño o sábado, 28 de decembro.

A obra de Corbillón está tendo unha gran acollida entre os lectores que valoran a calidade literaria deste mozo de Celanova.

Alexandre Corbillón presenta a súa obra no Carballiño

En palabras do escritor Méndez Ferrín, «Vexo en Alexandre Corbillón, non un poeta verde e nacente ao universo literario galego, senón un autor definido que acadou un discurso marcado e propio».

Alexandre Corbillón presenta a súa obra no Carballiño

No acto de presentación deste libro, o autor estará acompañado por:

  • Luís González Tosar – Presidente da Fundación Insua dos Poetas
  • César Lorenzo Gil – Director de Aira Editorial
  • Roberto Fernández Álvarez – escritor (premio Blanco Amor 2022)

O acto de presentación de «O segredo do trasno» terá lugar ás 12:30h.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.