Noticias

Comunicado de Ourense Mellor sobre as eleccións xerais

Un comunicado de Ourense Mellor sobre as eleccións xerais permítenos coñecer o plantexamento desta formación política con respecto á cita electoral de xullo.

O día 23 de xullo, España celebrará unhas eleccións xerais nas que se definirá o novo mapa político cos representantes provinciais dos distintos partidos.

Comunicado de Ourense Mellor sobre as eleccións xerais

Dende Ourense Mellor, non tomaremos parte de xeito oficial en ningunha das candidaturas que se presentan ás eleccións estatais do vindeiro domingo 23 de Xullo. Pensamos que ningunha das propostas pensa na cidade. Ningunha delas pensa nunha provincia abandonada dende fai xa moitos anos por todas as forzas políticas que teñen e tiveron representación en Madrid.

Por tanto, a nosa loita segue centrada no día a día e en participar nos movementos asociativos, culturais, deportivos, feministas como fixemos ata agora.

A cidade de Ourense e Jácome

A cidadanía falou, dándolle unha suma de votos importantísima a Jácome. Aínda que estamos nas antípodas da súa proposta de goberno (populista, ditatorial e sen proxecto de cidade), comprendemos que veciños e veciñas apoian a aqueles partidos que non teñen que decidir o noso futuro en Santiago de Compostela ou Madrid. De feito, agora goberna Jácome porque as decisión dos grupos que nos representan no Concello, foron tomadas fóra de Ourense. Coma sempre, a nosa cidade e as nosas veciñas importan ben pouco antes as siglas e maquinarias dos partidos.

Tal e como aseguramos fai catro anos, viñemos para quedarnos, e non podemos continuar permitindo que o Concello e a nosa veciñanza sufra día tras día os atropelos que o grupo de goberno está a realizar.

Por iso, queremos: RECUPERAR A NOSA CIDADE PARA AS VECIÑAS.

Seguimos sendo un partido de esquerdas, formado por persoas mozas, implicadas, activas e por suposto, con ideas para mudar a realidade. Moitas gracias

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.