Noticias

A comunidade Senegalesa de Galicia concentrouse na Praza Maior

A comunidade Senegalesa de Galicia concentrouse na Praza Maior de Ourense para denunciar a «represión política» que está a suceder no seu país.

«Asistimos a un retroceso alarmante das liberdades políticas no Senegal durante estes últimos tempos e non podemos permitir que isto siga pasando» sinalou Mansour Wade.

A comunidade Senegalesa de Galicia concentrouse na Praza Maior

Segundo denunciou Wade, «xa son máis de 1.500 detidos políticos en Senegal». Ante este feito, Wade pide á comunidade internacional que «deixar de mirar cara outro lado e facer fronte á dramática situación que atravesa o Senegal».

A comunidade Senegalesa de Galicia concentrouse na Praza Maior
Foto: PSdeG-PSOE

Luís Gulín e David Alvarado, secretarios de emigración e relacións internacionais da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense acudiron á concentración. Luís Gulín mostrou «a nosa solidariedade e máxima predisposición do PSdeG da provincia de Ourense para traballar na sensibilización das nosas veciñas e veciños sobre os indicios de violación sistemática dos dereitos humanos en Senegal».

Botón volver arriba