Eventos

O concello de Barbadás promove hábitos saudables

O concello de Barbadás promove hábitos saudables coa organización dunha andaina coincidindo co Día Mundial contra a Obesidade.

«Coida os teus hábitos porque converteranse no teu destino» é o lema da iniciativa coa que se pretende concienciar á poboación.

O concello de Barbadás promove hábitos saudables

Por este motivo, o concello de Barbadás organizou varias propostas en colaboración co Servizo Galego de Saúde. Ás 12:30h está prevista unha andaina no entorno do Polideportivo Municipal que terá unha lonxitude de catro quilómetros. Antes da andaina, o nutricionista Ricardo de la Fuente ofrecerá unha charla de concienciación onde abordará as consecuencias da obesidade.

O concello de Barbadás promove hábitos saudables

Esta actividade forma parte das distintas iniciativas que o concello de Barbadás organiza durante o ano en materia de saúde. No mes de setembro de 2023, a última edición do Paseo da Saúde reuniu a máis de 20 asociacións que informaron sobre diferentes patoloxías.

Botón volver arriba