Onte pola mañá tivo lugar unha concentración polo primeiro aniversario da guerra en Ucraína na que estiveron presentes numerosos representantes dos grupos políticos do concello.
A concentración tivo lugar na Praza Maior de Ourense e formaba parte dunha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias.
Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, estivo presente nesta concentración en solidariedade coa poboación ucraína e para solicitar a fin do conflito.