Este sábado, 1 de abril, terá lugar en Celanova un concerto de presentación do disco Adiante – A palabra de Xosé Velo que contén cinco poemas musicados por Sindo Otero.
Organizado polo Comité de Memoria da Comarca de Celanova coa colaboración da Fundación Moncho Reboiras, o acto servirá para presentar este traballo discográfico.
Concerto de presentación do disco Adiante
O Doutor Uxío-Breogán Diéguez, experto en historia do nacionalismo galego no exilio, ofrecerá unha charla sobre a figura de Xosé Velo. Posteriormente, as actuacións de Camila Álvarez e Miguel Ábalo acompañarán a Sindo Otero na presentación do traballo musical.
Durante o acto que terá lugar no Auditorio Municipal Ilduara, os asistentes poderán mercar o disco «Adiante – A palabra de Xosé Velo».