Eventos

Concurso para fotografar A Vida

A terceira edición deste concurso organizado en Taboadela propón o reto de fotografar A Vida tras o éxito acadado nas dúas primeiras edicións.

Chega o III Concurso fotográfico do Concello de Taboadela e faino cunha proposta ben atractiva. Os participantes nesta edición terán que axustar os seus obxectivos para lograr a mellor instantánea relacionada coa Vida.

Concurso para fotografar A Vida

Desde onte, 15 de marzo, está aberto o prazo de presentación dos traballos. Todos eles serán publicados na páxina de facebook «Taboadela». Os participantes terán que enviar os seus traballos directamente á páxina ou o correo taboadelaou@gmail.com

Concurso para fotografar A Vida

Información do concurso fotográfico:

  • Aberto á participación de toda a poboación (excepto membros do xurado e traballadores municipais),
  • Máximo de 3 fotografías por participante,
  • Prazo de presentación entre o 15 de marzo e o 30 de maio,
  • Establécense tres premios:
    1º premio – 200€
    2ª premio – 100€
    3º premio – 50€
  • De todas as fotos presentadas, pasarán á final as 10 máis votadas,
  • Das 10 fotografías finalistas, o xurado escollerá as tres fotos premiadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba