¿Coñeces o último traballo de Guezos? ¿Sabías que durante este Nadal presentaron un novo videoclip titulado «Motor»?
Formado no ano 1999, o grupo Guezos ten na súa mochila unha extensa produción musical no que se inclúen varios traballos discográficos e videoclips.
¿Coñeces o último traballo de Guezos?
Tralo éxito acadado polo videoclip «Faíscas«, estreado no ano 2022, que conseguiu o premio ó mellor videoclip no XX Festival de Cans 2023, este grupo ourensán presentan «Motor«.
O Auditorio da Peroxa (26 de decembro) e o Café Cultural Auriense (29 de decembro) foron os lugares onde Guezos presentou a súa última creación.
Segundo indica a propia banda, «Motor» está dedicado ós reis e raíñas das festas e a todos os músicos profesionais que se esforzan para que os demais se divirtan.
- Letra e música: Anxo Fernández.
- Arranxos: Guezos.
- Feat: Iseo Agilda, Pauliña.
- Guezos son: Adrián Beiroa, Fran Díaz, Roberto Reboiro, Modesto Cid, Xabier «Morta» Domínguez, Anxo Fernández e Diego Mosquera.
- Guitarra eléctrica neste tema: David Quintas.
- Son gravado e mesurado en Xílgaro Estudio por David Quintas. Ourense, 2023.
- Máster: Dr. Chou. Pontevedra, 2023.