Noticias

Ourense acolle o Congreso Nacional de Traumatoloxía Laboral

O Auditorio Municipal de Ourense acolle desde o 25 ata o 27 de novembro o Congreso Nacional da Sociedade Española de Traumatoloxía Laboral (SETLA), que reúne especialistas de todo o país para abordar os retos actuais da saúde laboral.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, participou este xoves na inauguración do encontro, onde deu a benvida aos asistentes e agradeceu á organización que elixise Ourense como sede. O rexedor animounos a desfrutar da cidade, destacando atractivos como a gastronomía e o termalismo.

Ourense acolle o Congreso Nacional de Traumatoloxía Laboral

O congreso reúne traumatólogos, profesionais asistenciais, enfermeiros e fisioterapeutas nun programa multidisciplinar con mesas de debate, obradoiros prácticos e casos clínicos.

Ourense acolle o Congreso Nacional de Traumatoloxía Laboral
Foto: Concello de Ourense.

Entre os temas que aborda esta edición figuran a cirurxía minimamente invasiva de columna, a intelixencia artificial aplicada á medicina, a dor rexional complexa, a biomecánica lesional, o exercicio terapéutico e a neuromodulación.

A SETLA é unha sociedade científica especializada na prevención, diagnóstico e tratamento das lesións relacionadas co traballo, así como na mellora da saúde e da seguridade laboral.

Botón volver arriba