Os membros do Comité de empresa convocan unha concentración polos despedimentos de dous traballadores en Megatech Ourense.
Convocan unha concentración polos despedimentos en Megatech Ourense
Este mércores, 22 de febreiro, terá lugar unha concentración entre as 13h e as 15h para solicitar a readmisión de dous traballadores despedidos.
Segundo o comité de empresa, estes despedimentos supoñen unha represalia pola folga realizada en 2022. Ambos traballadores contaban cunha antigüidade na empresa de 20 e 14 anos respectivamente.