Deportes

Emoción máxima na XXI Copa de Galicia de pista curta

A XXI Copa de Galicia de clubs de pista curta promete ser a máis aberta dos últimos anos e concentrará esta fin de semana en Expourense toda a emoción do campionato máis dinámico do calendario galego, coa participación dun total de once equipos.

Na categoría masculina, a cita chega marcada polo cambio de ciclo vivido na pasada edición, cando o Celta Atletismo logrou o título e puxo fin á hexemonía da Gimnástica de Pontevedra, que dominara a competición durante once anos consecutivos.

Emoción máxima na XXI Copa de Galicia de pista curta

Os pontevedreses buscarán recuperar o trofeo e ampliar o seu palmarés ata as once copas, mentres que o Celta tentará revalidar o triunfo e sumar a súa sexta Copa de Galicia.

Emoción máxima na XXI Copa de Galicia de pista curta

A loita polo terceiro chanzo do podio preséntase tamén moi aberta, con Atletismo Sada e Atletismo Narón como principais aspirantes, sen perder de vista a Marineda Atlético nin ao Atletismo Santiago, que poderían dar a sorpresa.

Sanysec-Ourense Atletismo, favorito en mulleres

Na categoría feminina, o Sanysec-Ourense Atletismo parte como o rival a bater tras o notable reforzo experimentado polo conxunto das Burgas nos últimos anos. Esa progresión permitiulle conquistar a Copa de Galicia nas edicións de 2024 e 2025 e lograr o ascenso á Segunda División da RFEA.

Entre os seus principais rivais estará o Celta Atletismo, que a pasada tempada salvou a categoría in extremis e chegará a Ourense coa intención de iniciar o 2026 con boas sensacións. Tamén a Gimnástica de Pontevedra aspira a pelexar polo título, nun campionato no que o RIA Ferrol, recentemente retornado á División de Honra, non adoita competir con todo o seu potencial habitual.

Botón volver arriba