Noticias

O proxecto Corrente Cultural achega arte a vilas galegas

Un total de 22 vilas galegas, nas que reside o 10% da poboación da comunidade, acolleron entre xaneiro e xullo algunha das sete exposicións do proxecto «Corrente Cultural».

Segundo os datos facilitados por Afundación, unha de cada dez persoas que viven nesas vilas e na súa contorna visitaron as mostras, confirmando o impacto desta iniciativa que busca descentralizar o acceso á cultura.

O proxecto Corrente Cultural achega arte a vilas galegas

«Corrente Cultural» naceu en 2021 co obxectivo de levar exposicións fóra dos grandes circuítos urbanos e achegalas aos municipios medianos e pequenos. A través da colaboración con numerosas corporacións locais e co apoio de ABANCA, a Obra Social de Afundación mantén viva a súa aposta por achegar a arte e a cultura como ferramentas de desenvolvemento social e coñecemento colectivo.

O proxecto Corrente Cultural achega arte a vilas galegas
Foto: A Fundación

Mostras como Auga. O sangue da terra, Castelao grafista, Arte en tinta ou Fauna esencial forman parte deste programa, que acumula máis de 465.000 visitantes dende a súa creación. Só neste mes de xullo, nove municipios acollen exposicións: A Pastoriza, Quiroga e Ribadeo (Lugo); O Carballiño e Trasmiras (Ourense); Moaña e Nigrán (Pontevedra); e Noia (A Coruña).

De cara ao segundo semestre do ano, están previstas outras 17 mostras. Ao finalizar 2025, o proxecto sumará un total de 39 exposicións en vilas das catro provincias galegas, consolidándose como unha ferramenta de difusión cultural única no territorio galego.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.