A rúa Pena Trevinca permanece pechada ao tráfico desde esta mañá debido á aparición dunha gran focha na calzada, que afecta gravemente á circulación.
O corte afecta ao treito comprendido entre o cruzamento coa Estrada da Granxa e o cruzamento coa rúa Serra de Queixa, onde a incidencia se localiza con maior intensidade.
Corte ao tráfico na rúa Pena Trevinca por unha focha
Segundo a información facilitada, a focha, pola súa magnitude, invade os tres carrís da vía á altura do cruzamento das rúas Serra de Queixa e Monte Seixo, o que obrigou a adoptar esta medida por motivos de seguridade.

O peche manterase ata que finalicen os traballos de reparación, cuxa duración dependerá da evolución das actuacións técnicas necesarias para arranxar a vía.
Dende o Concello pídeselle á cidadanía, especialmente ás e aos condutores, que utilicen rutas alternativas e que sigan en todo momento as indicacións da Policía Local, despregada na zona para regular o tráfico e garantir a seguridade viaria.

