Noticias

Cortes de tráfico na rúa do Progreso por Fin de Ano

A rúa do Progreso sufrirá cortes de tráfico o mércores, 31 de decembro, con motivo da actuación da orquestra Kubo, organizada polo Concello de Ourense para dar a benvida ao ano 2026.

Segundo informa a Policía Local, o dispositivo especial de mobilidade activarase ao longo da tarde e da noite para garantir a seguridade durante a montaxe, celebración e desmontaxe do escenario.

Cortes de tráfico na rúa do Progreso por Fin de Ano

En concreto, ás 15:00 horas pecharase a rúa do Progreso no treito comprendido entre a baixada á Praza de Abastos e a rúa Parada Justel.

Cortes de tráfico na rúa do Progreso por Fin de Ano

Este primeiro corte permitirá realizar os traballos de instalación do escenario. Non obstante, permitirase a circulación de subida por Parada Justel ata as 23:00 horas.

Máis tarde, ás 23:00 horas, o corte ampliarase desde a baixada á Praza de Abastos ata a rúa da Concordia. Durante este período, o tráfico será desviado pola propia baixada á Praza de Abastos e pola rúa Ervedelo.

Publicaciones relacionadas

A actuación da orquestra Kubo, prevista para a 1:00h da madrugada, marcará o inicio festivo do novo ano no centro da cidade. O dispositivo de tráfico manterase activo ata que finalicen as tarefas de desmontaxe e se poida garantir de novo a circulación.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.