O entroido do ano 2025 no concello de Verín xa ten cartel que nesta ocasión foi realizado polo artística local Álex Araújo.
Na presentación do cartel, o artista e a concelleira de cultura Samanta Barreira, mostraron as referencias que recolle este traballo artístico titulado «O Noso, Sempre».
O Entroido 2025 de Verín xa ten cartel
«Queremos poñer o foco no que nos fai únicos e que atrae a persoas de todas partes á nosa celebración. Este cartel é unha homenaxe á nosa identidade e ás figuras que fixeron, e fan, grande este Entroido», sinala a concelleira.
A combinación de cor, emoción e historia que recolle o cartel fai referencia tamén a algunhas das figuras máis relevantes desta festa como é o caso do Cigarrón, Pescadilla ou Toño Cesteiro.
Na elaboración deste cartel, o artista utilizou unha mestura de técnicas e elementos para dar forma a unha figura na que destacan o significado e a beleza.