O Entroido de Ribadavia 2026 celebrarase do 5 ao 21 de febreiro cun programa cheo de desfiles, música, festas populares e actividades para todos os públicos.
Este evento consolídase como unha das citas festivas máis destacadas do calendario cultural da comarca do Ribeiro.
Programa do Entroido de Ribadavia 2026
A programación do Entroido de Ribadavia 2026 arrancará o xoves 5 de febreiro coa celebración de Comadres, acompañadas pola charanga Bandíños Band, marcando o inicio dunha intensa axenda de actos que se estenderá durante máis de dúas semanas.
O xoves 12 de febreiro, o protagonismo será para a comparsa e charanga do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal, cunha actuación prevista para as 16:30 horas, mentres que o venres 13 terá lugar unha xornada especialmente orientada ao público escolar, con desfiles da Galiña Azul e do CEIP Ribadavia, acompañados pola charanga Castro de Bello. Esa mesma xornada completarase coa Festa de Comadres, animada por Doña Ana e o grupo Sorcha.
Un dos momentos centrais do programa chegará o domingo 15 de febreiro co desfile do Entroido das comparsas, no que participarán Sorcha e Tabaleiros da Istoria, cun percorrido que partirá do instituto ata a Praza Maior a partir das 17:30 horas.
O luns 16 de febreiro estará dedicado ao público familiar, cunha festa infantil de disfraces con DJ Tibu no Club Artístico ás 16:30 horas. Pola noite terá lugar o baile de máscaras, que contará coa música de Louband na rúa Progreso desde as 23:30 ata a 01:30 horas.
O martes 17 de febreiro celebrarase o tradicional xantar popular na Alameda, ás 14:00 horas. Terá un prezo de 25 euros para adultos e 14 euros para nenos e nenas ata 10 anos, incluíndo a actuación de Terapia Kids.
Enterro da Sardiña
O programa continuará o mércores 18 de febreiro co clásico Enterro da Sardiña, no lugar e hora habituais. Pecharase o sábado 21 de febreiro coa Piñata, que contará coas actuacións de Sorcha, Mekanika e Los Lunes al Sol.


