Noticias

Jácome felicita ao equipo Kaldi, campión mundial de dardos

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, felicitou esta mañá ao equipo de dardos ourensán da cafetería Kaldi, que vén de proclamarse campión do mundo en varias categorías no torneo internacional Phoenix de dardos electrónicos, celebrado a pasada fin de semana na cidade da Coruña.

O rexedor destacou o mérito dun éxito acadado nunha competición especialmente esixente, que se prolongou durante 52 horas en só catro días.

Jácome felicita ao equipo Kaldi, campión mundial de dardos

Gonzalo Pérez Jácome animou ós deportistas a continuar coa súa traxectoria e a regresar a Ourense con novos títulos no futuro.

Jácome felicita ao equipo Kaldi, campión mundial de dardos
Foto: Concello de Ourense

O equipo Kaldi, integrado por Borja González, Diego González, Manuel Muíños, Martín Martínez, Javier González e Cristian Oliveira, asinou un palmarés excepcional no campionato mundial, logrando:

  • Campións do mundo por equipos nivel C
  • Campións do mundo por parellas 501 nivel C
  • Campións do mundo por parellas cricket nivel C
  • Campión do mundo individual nivel C
  • Medalla de prata en parellas cricket nivel C

Durante o acto celebrado no Concello participaron Borja González, Diego González, Manuel Muíños e Martín Martínez, en representación dun equipo que se consolida como referente internacional dos dardos electrónicos.

O alcalde subliñou que estes resultados contribúen a situar Ourense no mapa deportivo internacional e puxo en valor o esforzo, a constancia e o traballo en equipo dos campións. A próxima cita para o conxunto ourensán será o Campionato de España de dardos electrónicos, onde buscarán ampliar o seu historial de éxitos.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.