O PSdeG-PSOE de Ribadavia denunciou hoxe que a recente colocación dunha estatua de Castelao por parte do goberno local do PP se fixo “sen o mínimo decoro nin respecto” á figura do histórico galeguista.
Os socialistas consideran que o executivo municipal reduciu o cumprimento da Lei de Memoria Democrática a un “mero trámite” carente de homenaxe real.
O PSOE critica a colocación “sen dignidade” da estatua de Castelao en Ribadavia
Desde a formación socialista lémbrase que a instalación fíxose sen acondicionar o contorno e sen limpar o espazo. Tampouco organizaron un acto institucional que poña en valor a contribución de Castelao á historia de Galicia. “Non é render homenaxe, é cumprir expediente”, sinalaron, lamentando a ausencia de contextualización e de recoñecemento público.

O PSdeG-PSOE acusa ao PP de “utilizar” a memoria histórica con fins de maquillaxe política. Solicitan que asuma un compromiso real coa dignificación de Castelao e de quen loitaron pola democracia. “Plantar unha estatua sen alma nin respecto non é lembrar a nosa historia, senón convertela nun decorado improvisado”, apuntan.
Os socialistas reclaman ao goberno local que tome en serio a memoria democrática e honre a Castelao cun tributo acorde á súa relevancia, mediante actos públicos e un espazo digno que faga xustiza ao legado do referente galeguista.