Noticias

Éxito de ventas no Salón do Automóbil

Éxito de ventas no Salón do Automóbil que pechou as portas trala celebración das catro xornadas dedicadas ó vehículo de ocasión.

Durante dúas fins de semana, o recinto de Expourense acolleu a 14º edición do Salón do Automóbil que tivo unha primeira cita cos vehículos novos e unha segunda cos modelos de ocasión.

Éxito de ventas no Salón do Automóbil

Durante as 8 xornadas que ocuparon as dúas citas, os expositores venderon un total de 265 coches. Estes modelos vendidos son unha parte dos vehículos que estiveron expostos neste Salón e que representaban a 24 marcas distintas.

Entre os motivos para acadar unhas importantes cifras de venta sitúanse o aforro que supoñen os vehículos de ocasión, as novidades que presentan os últimos modelos de vehículos novos e a alta afluencia de persoas que superaron as 8.000.

Éxito de ventas no Salón do Automóbil
Foto: Expourense

Expourense prepara agora as súas instalacións para acoller os días 30 de novembro e 1 de decembro a 6ª edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo e o 4º Congreso Internacional de Turismo e Deporte.

Botón volver arriba