Noticias

Remata Sportur Galicia coa presentación do Plan «2 millóns»

Remata a edición de 2023 de Sportur Galicia coa presentación do Plan «2 millóns» que pretende contar con esa cifra de persoas activas en Galicia para o ano 2030.

4.500 visitas rexistradas na sexta edición de Sportur Galicia e o cuarto Congreso Internacional de Turismo e Deporte marcan o éxito destas convocatorias.

Remata Sportur Galicia coa presentación do Plan «2 millóns»

O deporte como dinamizador turístico e a súa vinculación coa natureza foron o fío condutor destas xornadas que se realizaron no recinto de Expourense. Algúns dos datos que se mostraron durante o evento reflicten que en Galicia, o deporte representa un 2,63% do PIB da comunidade.

Remata Sportur Galicia coa presentación do Plan "2 millóns"
Foto: Expourense

Ese porcentaxe supón unha cantidade duns 1.600 millóns de euros e na que están representadas máis de 2.000 empresas con 12.000 postos de traballo. Outras cifras destacadas son a cantidade de clubs deportivos con 5.767 e as 282.000 persoas federadas.

Remata Sportur Galicia coa presentación do Plan "2 millóns"
Clausura de Sportur
Foto: Expourense

Durante a xornada de clausura, a xerente do Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de Galicia, Sofía Toro, indicou que «se cumprimos este ambicioso reto Galicia estaría en cifras similares ás dos países nórdicos e seríamos a comunidade autónoma con maior porcentaxe de práctica deportiva». Este reto ó que se refería Sofía Toro é o Plan «2 millóns» que pretende incentivar a esa cantidade de persoas en Galicia á práctica regular de actividade física.

Botón volver arriba