Tremendo éxito galego no Campionato Europeo de Fútbol Gaélico que se disputou en A Xunqueira (Pontevedra) recentemente e no que participaban varios combinados galegos.
O fútbol gaélico está en auxe na nosa terra e froito do bo nivel que teñen os xogadores e xogadoras de Galicia foi o resultado acadado neste campionato.
Éxito galego no Europeo de fútbol gaélico
En categoría «desenvolvement«, as dúas seleccións galegas impuxéronse ó combinado francés na final. No equipo femenino, a ourensana María Benavides formaba parte do equipo. Na selección masculina, Millán Brea e Lucas Vázquez foron protagonistas do triunfo galego. Millán Brea lograba ademais o MVP que o destacaba como mellor xogador do campionato.
Tamén tiña Ourense representación na categoría «champions«. Jacobo Dorribo formou parte da selección galega que lograría o terceiro posto. Alba Rodríguez e Miriam Rodríguez formaron parte da selección galega feminina que lograría un valioso segundo posto.
Trala celebración deste campionato, a seguida cita a nivel internacional serán os World Word Games que terán lugar en Irlanda no ano 2023.