O campus vello das Lagoas acollerá este venres, 9 de maio, entre as 20:00 e as 21:30 horas, o evento de rap improvisado “Desafío”.
Russo, Home P e outros referentes actúan en Ourense o venres 9 de maio
O campus de Ourense vibra co rap improvisado en “Desafío”
Esta exhibición de freestyle reunirá algúns dos nomes máis destacados da escena galega. Se as treboadas previstas dificultan a celebración ó aire libre, o evento trasladarase ao ximnasio da antiga capela, situado moi preto da ubicación orixinal.

Organizado por Radio Liverdade, o Campus de Ourense da UVigo, o CIFP A Farixa e a Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), o acto promete unha noite de ritmo, improvisación e talento.
Os artistas Russo e Home P, freestylers de recoñecido prestixio, serán os encargados de ofrecer os shows principais. A maiores, celebrarase unha exhibición de batallas de gallos coas intervencións de Alan, Charly, HP, Zano e Luca, ademais dos xa citados Russo e Home P.

A entrada será de balde, con opción a colaborar mediante o tradicional sombreiro para cubrir os gastos da organización.