Noticias

Un convenio cultural leva a exposición Rostros á vila de Ribadavia

O Concello de Ribadavia, ABANCA e Afundación uniron forzas esta mañá para formalizar un convenio de colaboración cultural que permitirá levar a cabo na vila a exposición de rúa «Rostros nas coleccións de ABANCA e Afundación».

A mostra instalarase na rúa Progreso e poderá visitarse entre o 19 de agosto e o 14 de setembro.

Un convenio cultural leva a exposición Rostros á vila de Ribadavia

Ao acto de sinatura acudiron o alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.

Un convenio cultural leva a exposición Rostros á vila de Ribadavia
Foto: Afundación

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa «Corrente cultural», impulsado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co obxectivo de descentralizar a oferta artística galega e facer accesible a arte contemporánea ás vilas. Segundo destacan as entidades, trátase dun proxecto que entende a arte como ferramenta clave para o coñecemento, a reflexión colectiva e o desenvolvemento social.

A exposición “Rostros” reúne unha coidada selección de obras pertencentes ás coleccións artísticas de ABANCA e Afundación, centradas na representación do rostro humano como vehículo de emocións, identidades e expresións culturais.

A chegada desta mostra a Ribadavia reafirma o compromiso do Concello coa difusión cultural de calidade e coa recuperación dos espazos públicos como escenarios de encontro coa arte.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.