Noticias

A Feira do Viño do Ribeiro terá formato presencial en 2022

A Feira do Viño do Ribeiro terá formato presencial na edición de 2022. Nesta ocasión, a feira chega á súa 59ª edición con folgos renovados.

A Alameda de Ribadavia será un ano máis o lugar escollido para levar a cabo a Feira do Viño do Ribeiro. Este evento segue dando impulso á denominación de orixe do Ribeiro para por en valor os excelentes viños da zona.

A Feira do Viño do Ribeiro terá formato presencial en 2022

Tras unha reunión entre Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia, e representantes das Adegas e colleiteiros, quedaron establecidas as bases desta edición. O formato volverá ser totalmente presencial tralas dificultades dos dous últimos anos.

Noelia Rodríguez Travieso, alcaldesa de Ribadavia (foto: 2021)

As datas tamén quedaron fixadas:

  • prazo de inscrición ata o xoves, 10 de marzo.
  • 59ª Feira do Viño do Ribeiro os días 29 e 30 de abril e 1 de maio.
A Feira do Viño do Ribeiro terá formato presencial en 2022
Feira do Viño do Ribeiro 2022 (foto: Concello de Ribadavia)

A previsión da organización é positiva ó prever unha alta participación nun dos eventos máis destacados do espazo vitivinícola en Galicia. O cartel do evento será elixido mediante un concurso previsto para as próximas semanas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.