Noticias

Fernando Taboada encabeza a renovación en Beade

Fernando Taboada encabeza a renovación da candidatura do Partido Popular en Beade tras case 50 anos de Senén Pousa como alcalde.

«Con Fernando Taboada apostamos polo novo Beade», incide Manuel Baltar, presidente provincial do Partido Popular.

Fernando Taboada encabeza a renovación en Beade

Tras 49 anos como alcalde, Manuel Baltar destaca que «agradecemos o traballo realizado por Senén Pousa durante todo este tempo e a súa experiencia de xestión». A renovación da lista popular ten en Taboada a súa cara visible. «É un excelente candidato; e o equipo que vai conformar e os proxectos que xa ten na súa cabeza e que constituirán o seu programa electoral serán o mellor aval para o futuro deste concello».

Pola súa parte, o candidato sinala que «presentamos esta candidatura con xente de Beade que vive en Beade e que teñen fillos: entre todos queremos facer do noso concello un lugar aínda máis ideal para vivir».

Fernando Taboada encabeza a renovación en Beade
Foto: Populares de Oruense

Botón volver arriba