A parroquia de Rabal, en Celanova, prepara un amplo programa de actos para celebrar a Festa-Romaría da Armada 2025, que se desenvolverá do 31 de agosto ao 9 de setembro, combinando tradición relixiosa, gastronomía popular e música en directo.
A novena celebrarase entre o 31 de agosto e o 8 de setembro, ofrecendo tamén servizo de café-bar todos os días.
Rabal celebra a Festa da Armada 2025
O sábado 6 de setembro terá lugar a tradicional cea popular, cun menú composto por empanada, costela, polo á moda portuguesa, criollo, bica e bebidas, ao prezo de 20 euros. A noite estará amenizada pola actuación dos grupos Pop Rock & Café con Leche e o xou de DJ Rafa Radio Monforte.
O día grande será o martes 9 de setembro, cando desde as 8:00 horas se oficiarán misas cada tres cuartos de hora. Ás 12:00 horas terá lugar a misa solemne ao aire libre, acompañada pola banda municipal de Celanova. A xornada continuará coa música da orquestra Marbella e contará ademais coa instalación dunha pulpería e taberna para completar a oferta festiva.

Esta cita volverá converter Rabal nun punto de encontro mantendo viva a devoción á Virxe da Armada e a tradición festiva desta romaría.