Eventos

Festa do Pemento de Arnoia 2023

A Festa do pemento de Arnoia cumpre en 2023 a súa XLIV edición cunha programación que comezará o venres, 4 de agosto.

O Pemento de Arnoia é un dos produtos gastronómicos máis relevantes da provincia de Ourense e por tal motivo, o concello organiza unha festa de promoción e exaltación que durará tres días.

Festa do Pemento de Arnoia 2023

Actuacións musicais, concentración de vehículos clásicos, festa infantil e música tradicional forman parte do programa da Festa do Pemento de Arnoia deste ano. Declarada de interese turístico galego, a Festa do Pemento de Arnoia atrae todos os anos a unha importante cantidade de persoas.

Festa do Pemento de Arnoia 2023

Mostramos a continuación o programa desta festa que se celebrará no lugar de A Queixeira.

Programa da XLIV Festa do Pemento de Arnoia

Venres, 4 de agosto

  • 21h – recepción de autoridades
  • 21:05h – acendido dos fogóns e comezo da fritura dos pementos
  • 21:30h – pregón do cómico galego Víctor Fábregas
  • 21:45h – Charanga CLK
  • 23h – Verbena coa Orquestra Funçao e Discomovil MVP Music

Sábado, 5 de agosto

  • 10:30h – IV Concentración «A Arnoia» de vehículos clásicos do pemento
  • 12:20h – Charanga Sorcha
  • 17:30h – Gran festa infantil na área recreativo do Inquiau
  • 21:30h – VII Festival de pandeireteiras «Arnoia Viva»
    • Pan sen Fron
    • Pandeireteiras de Sadeo
    • Airiños de Arnoia
  • 00h – Verbena coa Orquestra Cinema e a Discomovil MVP Music

Domingo, 6 de agosto

  • 12:30h – Misa e ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa
  • 13:15h – Actuación do grupo de Danza e Gaitas Airiños de Arnoia
  • 20:15h – Charanga CLK
  • 22:30h – Grupo Bafana Bafana
  • 00h – Grupo Broken Peach
Festa do Pemento de Arnoia 2023

Botón volver arriba