Eventos

Arnoia celebra as Festas de Santa Rita

As Festas na Honra a Santa Rita volverán encher de vida e alegría o concello de Arnoia entre os días 22 e 24 de maio de 2025.

A celebración, que mestura actos relixiosos e actividades lúdicas, contará cun cartel destacado no que figuran nomes como a Banda de Ramirás, os Gaiteiros de Arnoia e a orquestra Olympus, ademais do popular DJ Mario.

Arnoia celebra as Festas de Santa Rita

As actividades comezarán o xoves 22 de maio cunha xornada relixiosa na que se celebrarán misas cada hora dende as 8:00h ata as 12:00h. Ás 12:30h terá lugar a misa solemne con procesión, acompañada pola Banda de Ramirás e a Coral de Arnoia. Pola tarde celebrarase unha nova misa ás 18:00 horas.

O sábado 24 será o día grande das festas, centrado nas actividades para toda a familia. Dende as 19:00h e ata as 21:00h haberá inchables gratuítos para os máis pequenos. A partir das 20:00h comezará a actuación dos Gaiteiros de Arnoia, seguida dunha cea popular ás 21:00h. Os tickets para a cea poden adquirirse nos bares do pobo.

A xornada culminará cunha gran verbena a partir das 23:30, animada pola orquestra Olympus e o DJ Mario, garantindo unha noite de festa e baile ata altas horas.

Arnoia celebra as Festas de Santa Rita

Como preparación espiritual previa, do 13 ao 21 de maio celebrarase a tradicional novena, con misas diarias ás 20:00 horas. As Festas de Santa Rita en Arnoia son unha das citas máis destacadas do calendario festivo local. Esta celebración combina a devoción relixiosa coa música e a convivencia veciñal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.