Noticias

O PSdeG de Ourense planifica no Ribeiro as municipais de 2027

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa coa súa rolda de encontros comarcais para analizar a situación política e avanzar na elaboración das candidaturas de cara ás eleccións municipais de 2027.

Nesta ocasión, a Executiva Provincial reuniuse con representantes socialistas da comarca do Ribeiro co obxectivo de avaliar o traballo realizado e comezar a definir a estratexia nos distintos concellos.

O PSdeG de Ourense planifica no Ribeiro as municipais de 2027

No encontro participaron o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; a vicesecretaria xeral, Carmen Rodríguez Dacosta; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez, xunto con cargos orgánicos e institucionais de municipios como Ribadavia, Melón, Carballeda de Avia, Leiro, Cenlle ou A Arnoia, ademais da coordinadora comarcal, María Luz Roo Cabo. Durante a reunión analizouse a realidade política local e as principais necesidades da comarca.

O PSdeG de Ourense planifica no Ribeiro as municipais de 2027
Foto: PSdG

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que este tipo de encontros “permiten manter un contacto directo coas agrupacións locais, coñecer de primeira man as súas inquedanzas e coordinar o traballo político”. Segundo trasladan, o obxectivo é “seguir construíndo candidaturas sólidas, con equipos preparados e comprometidos co desenvolvemento dos seus concellos”.

Reforzo da presenza institucional

A Executiva Provincial subliña que o Ribeiro “ten un papel importante dentro do proxecto socialista para a provincia”, polo que o partido aposta por reforzar a súa presenza institucional na bisbarra.

Na actualidade, os socialistas gobernan en Melón e Carballeda de Avia e contan con representación en Ribadavia, Leiro, A Arnoia, Beade, Cenlle e Castrelo de Miño. De cara a 2027, o PSdeG-PSOE marca como prioridades consolidar as alcaldías actuais, mellorar resultados nos concellos onde xa teñen presenza e recuperar representación en municipios como Avión.

Dende a formación sinalan tamén a importancia de “seguir percorrendo o territorio, escoitando á militancia e á veciñanza e fortalecendo o proxecto socialista concello a concello”, nun proceso orientado a mobilizar as bases e incorporar novas persoas ao proxecto político.

Botón volver arriba