A Xunta de Galicia está a executar obras de restauración na capela de San Mauro, na Arnoia, cun investimento de preto de 195.000 euros para solucionar os problemas de humidade e mellorar a conservación deste templo de orixe medieval.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá os traballos acompañado polo alcalde, Rodrigo Aparicio.
A Xunta restaura a capela de San Mauro da Arnoia con 195.000 euros
A actuación permitirá resolver as deficiencias da cuberta, as filtracións de auga e a falta de ventilación interior, ademais de mellorar a accesibilidade ao edificio.

As obras inclúen a renovación da cuberta, a substitución de carpinterías deterioradas, a modernización da instalación eléctrica e da iluminación, así como a restauración de elementos singulares. Tamén se renovará o pavimento do presbiterio e adaptaranse os accesos para facilitar o seu uso.
Durante a visita, Manuel Pardo destacou o compromiso do Goberno galego coa protección e conservación do patrimonio histórico. Este compromiso abrange tanto aos grandes monumentos como aos pequenos templos distribuídos polos concellos galegos.
A capela de San Mauro, cuxos orixes se remontan ao século XII, é unha construción dunha soa nave e ábsida poligonal. Esta conserva elementos arquitectónicos de especial valor histórico e artístico.

