Eventos

Festa do Pemento de Arnoia 2024

A Festa do Pemento de Arnoia terá este ano unha ampla programación durante os días 2, 3 e 4 de agosto de 2024.

O concello da Arnoia organiza a XLV Festa do Pemento, unha das citas gastronómicas máis importantes da provincia de Ourense.

Festa do Pemento de Arnoia 2024

Actuacións musicais, actividades infantís, concentración de vehículos clásicos ou o festival de pandeireteiras completan a programación ó redor destas xornadas de exaltación do pemento da Arnoia.

Festa do Pemento de Arnoia 2024

Centenares de persoas asistirán durante esas tres xornadas ó recinto da Queixeira para participar nas actividades e gozar co sabor dos pementos locais.

Programa da Festa do Pemento de Arnoia

Festa do Pemento de Arnoia 2024

VENRES DÍA 2 DE AGOSTO

  • 21.00h. Recepción das autoridades
    • Inauguración oficial da XLV Festa do Pemento da Arnoia acompañados do grupo Airiños de Arnoia.
  • 21.05h. Acenderanse os fogóns e comezará a fritura dos pementos
  • 21.30h. Pregón a cargo de Bruxo Queiman
  • 22.30h. Espectáculo musical con Queiman Folk
  • 00.15h. Verbena coa Orquestra Espectáculo Panorama

SÁBADO DÍA 3 DE AGOSTO

  • 10.30h. V Concentración “A Arnoia” de Vehículos Clásicos do Pemento
  • 12.15h. Acenderemos os fogóns para a fritura dos pementos
  • 12.20h. Animación musical coa Charanga Sorcha
  • 13.00h. Chegada ao recinto da festa dos vehículos participantes na concentración
  • 17.00h. Gran festa infantil no Inquiau con xogos, escuma, olimpiadas…
  • 20.30h. Acendemos de novo os fogóns para continuar coa fritura
  • 20.30h. Animación do recinto coa Charanga Sorcha
  • 21.30h. VIII Festival de Pandereteiras “Arnoia Viva”. Con As Lagharteiras de Mos, Medialeva, Tremelique e Airiños de Arnoia cantareiras.
  • 00.15h. Verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven e Disco Móvil MVP

DOMINGO DÍA 4 DE AGOSTO

  • 12.15h. Acendemos os fogóns para a fritura dos pementos
  • 12.30h. Misa e ofrenda dos froitos da nosa terra no campo da festa coa coral Cantores de Arnoia
  • 13.15h. Amenización da carballeira coa Charanga CLK
  • 20.00h. Volvemos empezar coa fritura dos pementos
  • 20.15h. Ameniza o recinto a Charanga CLK
  • 22.30h. Actuación do grupo Remember Dr. Slump
  • 00.00h. Actuación do grupo Gin Tonics

Botón volver arriba