A parroquia de As Lamas prepárase para vivir unha fin de semana chea de festa na honra a San Mamerto, cunha programación que mestura tradición, música e gastronomía.
Os festexos terán lugar os días 9, 10 e 11 de maio de 2025 e contarán con actuacións musicais, sesións de DJs e a clásica sesión vermú con charanga e polbo.
Festa de San Mamerto 2025 en As Lamas: programa completo
O venres 9 de maio comeza a festa co grupo América, que ofrecerá dous pases entre as 22:30 e as 2:00 horas. A partir das 00:30 e ata as 3:30, tomarán o relevo DJ Pablo Marqués e DJ Eric García. Estes Djs animarán a noite no escenario da Gramola con sesións de música electrónica e comercial.
O sábado 10, a programación arrinca ao mediodía cunha sesión vermú amenizada por unha charanga. Na mesma tamén haberá polbo, un dos pratos estrela das festas galegas. Pola noite, a orquestra Gran Parada actuará en dous pases desde as 22:30 ata as 2:00. De madrugada, a festa continúa con disco móbil Gramola, que se prolongará ata as 3:30.
O domingo 11, a celebración terá un ton máis relixioso, coa misa solemne na honra a San Mamerto ás 12:00 horas, seguida pola sesión vermú ás 13:30h. Pola tarde, ás 19h, comezará actuación do grupo Ritmo Joven.
