Eventos

Festas de Alongos 2022

Xa coñecemos o cartel das festas de Alongos 2022 que ofrecerán tres días de actividades, música, gastronomía e actos relixiosos.

Alongos recupera as súas festas cun programa que comeza o venres, 19 de agosto. A partir das 20h, unha proposta para os máis cativos será o preludio da cea popular que se celebrará no campo da festa.

Festas de Alongos 2022

Unha vez rematada a cea, a Discomovil Show será a encargada de dar forma a unha festa moi esperada no concello de Toén.

O sábado, 20 de agosto, o concello colabora coa organización da festa para levar a cabo unha festa da espuma e inchables. Esta proposta lúdica dará comezo ás 18:30h. Pola noite, a verbena contará co Grupo Master e a Discomovil Show.

O último día das festas comezará cunha misa na honra de San Roque, patrón da localidade. O dúo Music-Lar ofrecerá unha actuación musical na sesión vermú e outra na verbena.

Festas de Alongos 2022

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.