As Festas do Lázaro 2022 en Verín terán lugar esta fin de semana cunha ampla programación de actividades destinadas a tódolos públicos.
Verín recupera este ano a tradicional festa do Lázaro. Desde mañá venres e ata o domingo (1 a 3 de abril), Verín contará con actividades culturais, deportivas, ocio e comerciais para festexar esta festa patronal.
Festas do Lázaro 2022 en Verín
No acto de presentación da Festa do Lázaro estiveron presentes Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos. «O Concello de Verín recupera o seu concepto de Lázaro multicartel ofrecendo unha vintena de actividades para todos os segmentos de público e todas as idades», indicou Manuel Lorenzo.
Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos fai alusión ó significado do cartel. «Ir abrindo a cremalleira co firme obxectivo de recuperar totalmente a actividade cultural e festiva», sinala Emilia.
Feira de mostras de artesanía e alimentación
Durante os días 2 e 3 de abril, o Pavillón de Deportes de Verín acolle a feira de mostras de artesanía e alimentación. O horario será de 10 a 14h e de 16 a 20h. A variedade dos produtos que forman parte desta feira inclúe embutidos, roupa artesá, xabóns, mel, xoiaría de prata, cerámica ou cestaría entre outros.
Deportes no Lázaro 2022
A programación do Lázaro 2022 inclúe actividades deportivas o sábado, 2 de abril. Natación, fútbol e ciclismo forman parte desta programación deportiva.
- 10:30h – Torneo das Escolas Deportivas de Natación na Piscina Climatizada de Verín
Club Natación Verín
Piscina Climatizada de Allariz
Piscina Climatizada de Xinzo
Flavitus Nataçao Clube
Nataçao Clube Chaves - 16:30h – Paseo en bicicleta pola ecovía do Río Támega
Saída ás 16:30h da Alameda - 17h – Partido de fútbol de Veteranos no Complexo Deportivo de A Granxa
A. D. Veteranos Verín – G. D. Chaves
Actividades musicais do Lázaro 2022
- Venres, 1 de abril
Grupo Assia na Praza García Barbón ás 22h. - Sábado, 2 de abril
I Festival de Bandas Vila de Verín (18h) – Banda de Música de Rianxo, Agrupación Musical da Limia e Banda do Conservatorio Profesional de música de Verín.
Grupo América na Praza García Barbón ás 21:30h. - Domingo, 3 de abril
Agrupación de Música tradicional Galega Candaria na Praza da Mercé ás 18h.
Grupo Fama na Praza García Barbón ás 20:30h.
Outras actividades do Lázaro 2022
O domingo, 3 de abril, ás 12h. terá lugar a misa do Lázaro na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior. ö remate, terá lugar unha procesión ata San Lázaro.
No mesmo horario da feira de artesanía e alimentación haberá diversas propostas lúdicas e educativas para nenos e nenas. Este espazo de actividades infantís será gratuíto. Por cuestións de espazo, recoméndase a preinscrición no correo inscricions@verin.gal ou no stand da organización.