Eventos

Festas de Parada na honra de San Antón

Os días 13, 14, 15 e 16 de xuño celébranse as festas de Parada (Barbadás) na honra de San Antón cun amplo programa de actividades.

Esta localidade do concello de Barbadás iniciará os seus festexos cunha misa a San Antón o xoves, 13 de xuño.

Festas de Parada na honra de San Antón

A programación das festas inclúe na xornada do venres unha cea popular e a posterior actuación do trío Soprano. O sábado, 15 de xuño, será unha charanga a encargada da sesión vermú e a verbena contará coa presenza da orquestra Saudade e a discomóbil A Gramola.

Para o último día das festas de Parada, unha banda de música ofrecerá a sesión vermú tras a misa solemne prevista para as 13h. A partir das 17h, os máis cativos poderán gozar de xogos infantís.

Festas de Parada na honra de San Antón

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.