Eventos

Festas de San Antón en Vilar de Barrio

O xoves, 13 de xuño de 2024, celébranse as Festas na Honra de San Antón na localidade de Vilar de Barrio.

A programación deste ano inclúe varias actuacións musicais e un chocolate con bica para pechar a xornada.

Festas de San Antón en Vilar de Barrio

Ás 12h comezarán os actos litúrxicos coa misa e a procesión. Posteriormente terá lugar a sesión vermú coa participación da charanga A Felga de Maceda.

Festas de San Antón en Vilar de Barrio

Pola tarde, a charanga Nova de Trives actuará a partir das 18:30h para dar paso ó grupo de pandereteiras Trapalleiras. Será ás 20h cando a charanga Nova de Trives acompañará musicalmente á veciñanza mentres degustan un chocolate con bica.

Botón volver arriba