Noticias

O Goberno reforza os investimentos en Vilar de Barrio

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou esta mañá o Concello de Vilar de Barrio, onde mantivo unha reunión institucional co alcalde, Manuel Conde, para abordar os principais investimentos estatais no municipio.

Santos destacou o firme compromiso co desenvolvemento sostible do rural, cunha aposta clara pola mellora das infraestruturas, a formación e a conciliación.

O Goberno reforza os investimentos en Vilar de Barrio

Un dos anuncios principais foi a recente formalización do contrato da segunda fase do proxecto de renovación das infraestruturas de saneamento e depuración do núcleo de Arnuide. Esta fase, cun orzamento de 313.397 euros, contempla a construción de dúas pequenas depuradoras.

O Goberno reforza os investimentos en Vilar de Barrio
Foto: Subdelegación do Goberno

O investimento total do proxecto supera os 900.000 euros. “Este esforzo económico é exemplo da defensa do medio ambiente, porque a depuración das augas é fundamental para a saúde das persoas e da natureza”, sinalou o subdelegado.

Durante a visita, Santos puxo en valor a achega de 180.000 euros recibida polo Concello a través da convocatoria de axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O proxecto subvencionado, denominado ‘Vilar de Barrio, innovación turística e económica’. Este inclúe a contratación de dous técnicos e a creación dunha zona navegable no río con 14 piraguas. “O Goberno amosa, unha vez máis, o seu compromiso coa loita contra o despoboamento dando impulso á sustentabilidade, á dixitalización e á retención do talento”, indicou.

Outro dos puntos tratados foi o convenio co Ministerio de Educación para poñer en marcha a Aula Mentor. Este programa de formación aberta está dirixido a persoas adultas. Santos destacou a súa utilidade para a poboación dispersa da provincia, xa que permite o acceso á formación sen necesidade de desprazamentos. “É unha oportunidade para mellorar as competencias profesionais e crecer no eido laboral”, afirmou.

Vilar de Barrio Concilia 2025

En materia de conciliación, o subdelegado visitou o campamento de verán Vilar de Barrio Concilia 2025. Este campamento desenvolvese grazas aos 14.784 euros do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade. Esta iniciativa beneficia a 80 familias, ofrecendo actividades para nenos e nenas mentres se facilita a conciliación laboral e familiar. “Este programa impulsa o coidado profesional e promove a igualdade entre homes e mulleres”, sinalou.

Ademais, Santos mencionou outras axudas do Goberno, como a subvención de 140.000 euros para a mellora da eficiencia enerxética do edificio do Concello. Quixo, tamén, recoñecer o labor do alcalde Manuel Conde. Santos destacou o seu compromiso e capacidade para captar recursos: “Está pendente das axudas e as aproveita para mellorar a vida da xente, con proxectos transformadores”.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.