Noticias

O CSIC estuda en Monterrei o impacto dos lumes

O CSIC desenvolve en Monterrei un estudo para analizar a recuperación ambiental das zonas afectadas polos incendios forestais de 2025 na provincia de Ourense.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, supervisou este mércores en Monterrei os traballos de campo do grupo de Ecoloxía da Paisaxe da Misión Biolóxica de Galicia. Durante a visita, estivo acompañado polo investigador Adrián Regos e pola tenente de alcalde, María Rosa González.

O CSIC estuda en Monterrei o impacto dos lumes

A visita enmárcase no proxecto “Galifire”, impulsado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas, que analiza a resposta das comunidades de aves nas zonas queimadas, consideradas indicadores clave da saúde dos ecosistemas.

O CSIC estuda en Monterrei o impacto dos lumes
Foto: Subdelegación do Goberno

Santos destacou o compromiso do Goberno coa investigación ambiental. “Apostar pola ciencia é apostar tamén pola seguridade e a sustentabilidade”, sinalou.

Pola súa banda, Regos explicou que o estudo, incluído no plan estatal RESFIRE, realiza censos de aves e instala dispositivos de bioacústica para avaliar a evolución da biodiversidade nas áreas afectadas polos incendios.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba