Noticias

Pazos de Arenteiro recibe un impulso de 2,6M€

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, destacaron este martes o investimento de 2.637.003 euros do Ministerio de Industria e Turismo para a posta en valor de Pazos de Arenteiro.

O proxecto é o único da provincia na convocatoria estatal de rehabilitación de Bens de Interese Cultural, que mobiliza máis de 207 millóns de euros en 89 actuacións en España.

Pazos de Arenteiro recibe un impulso de 2,6M€

As intervencións inclúen a mellora de rúas con materiais integrados na contorna, o soterramento de liñas eléctricas e de telecomunicacións, a renovación da iluminación pública e a rehabilitación dun inmoble municipal para uso turístico e cultural, con centro de interpretación, aula de formación e espazo dixital.

Pazos de Arenteiro recibe un impulso de 2,6M€
Foto: Subdelegación do Goberno

Patricia Torres agradeceu o apoio do Goberno e destacou que o proxecto supón unha oportunidade para consolidar Pazos de Arenteiro como referente patrimonial e turístico do interior de Galicia.

Botón volver arriba