Eventos

A música regresa ao Parque Ansuiña co Festival Son do Arnoia 2025

O vindeiro 1 de agosto, o Parque Ansuiña converterase no epicentro da música e a festa en Baños de Molgas coa celebración do Festival Son do Arnoia 2025, unha das citas máis agardadas do verán na comarca.

O evento, organizado pola Asociación de Veciños de Baños de Molgas, promete unha noite chea de ritmo, sabor e boa compañía.

A música regresa ao Parque Ansuiña co Festival Son do Arnoia 2025

AAVV Baños de Molgas organiza unha nova edición do evento o 1 de agosto, cunha cea popular e concertos en directo.

A xornada festiva comezará ás 21:30 horas cunha cea popular ao aire libre, onde veciños e visitantes poderán gozar dun completo menú. As entradas para participar na cea están á venda nos bares do pobo ata o 30 de xullo, cun prezo de 20 euros para adultos, 10 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos, e gratuíta para crianzas de ata 5 anos.

Despois da cea, a música será a gran protagonista coa actuación de tres bandas que garantirán unha noite inesquecible:

  • Doc Magoo’s, cun repertorio cargado de enerxía e boas vibracións.
  • Broken Peach, coñecidos polo seu potente directo e a súa orixinal posta en escena.
  • En Mala Hora, que pecharán a noite cunha dose de rock e ritmos contundentes.
A música regresa ao Parque Ansuiña co Festival Son do Arnoia 2025
Festival Son do Arnoia 2025

O Festival Son do Arnoia é unha oportunidade única para revivir o espírito das festas tradicionais con propostas musicais actuais, nun contorno natural privilexiado e cun ambiente familiar e participativo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.