Noticias

Betán celebra con éxito a súa terceira fornada do pan

A aldea de Betán, no concello de Baños de Molgas, acolleu onte a 3ª edición da súa Fornada do Pan, unha cita que se consolida como referente de recuperación das tradicións gastronómicas e culturais da zona.

O evento reuniu a 172 persoas nun ambiente de festa que combinou demostracións culinarias, música en directo e mesmo poesía.

Betán celebra con éxito a súa terceira fornada do pan

Os preparativos comezaron ás 16:00 h co acendido do forno tradicional e a elaboración en directo de pan, empanadas e biscoitos. Os participantes seguiron as receitas ancestrais da zona.

Betán celebra con éxito a súa terceira fornada do pan

Ás 20:00 h, os asistentes puideron gozar dunha degustación dos produtos saídos do forno, acompañados de outras delicias. Esta degustación estivo ambientada coa música tradicional do grupo As Netas do Arnoia.

A 3ª Fornada do Pan de Betán reúne a 172 persoas nunha xornada de sabor, tradición e poesía

A festa continuou tras a cea co concerto do Dúo de 13, que animou a noite cun repertorio festivo que fixo bailar a pequenos e maiores.

Un dos momentos máis emotivos da xornada foi a presentación dun poema especialmente escrito pola poetisa Rochi Nóvoa para esta edición da desta, homenaxeando a forza comunitaria que mantén viva a tradición do pan de Betán.

Betán celebra con éxito a súa terceira fornada do pan
O Pan da Aldea – Rochi Nóvoa

A iniciativa, organizada pola Asociación de Veciños «A Corna», contou coa colaboración do Concello de Baños de Molgas e cunha ampla participación veciñal. Por 15 euros, os asistentes puideron desfrutar de toda a xornada e levar consigo unha camiseta conmemorativa do evento.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.