O FITO 2023 terá unha intensa programación na súa 16ª edición que o levará ós concellos de Ourense e Barbadás onde ofrecerá espectáculos de rúa e sala.
No acto de presentación da XVI edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense puidemos coñecer as liñas principais da programación que atoparemos este ano.
O FITO 2023 terá unha intensa programación en Ourense e Barbadás
Unha das novidades que mostraron os organizadores foi a participación de varias compañías emerxentes con vínculos coa cidade de Ourense. Fina Calleja, directora do FITO, César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, Ana Belén Peleteiro, concelleira de Cultura de Barbadás, José Luis Troitiña, xerente do Liceo, e Olga Mojón, directora do Teatro Principal, estiveron presentes no acto de presentación.
A programación deste edición vai desde o 12 ó 22 de outubro e terá como escenarios o Teatro Principal, o Liceo de Ourense, a Casa da Cultura Manuel María de Barbadás e diversas rúas de Ourense. A variedade de xéneros e disciplinas das compañías que participarán no festival marca a programación de 2023. O XVI FITO contará coa participación de Redrum Teatro, Quico Cadaval, A Feroz, Inda Pereda ou Escola de Noite.