Noticias

O Goberno destaca en Ourense o “fortalecemento histórico” da Formación Profesional

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou hoxe no CIPF A Carballeira – Marcos Valcárcel “o fortalecemento histórico” que está a vivir a Formación Profesional en España.

Esta mellora é grazas aos investimentos, a creación de prazas e a renovación impulsada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, segundo o subdelegado.

O Goberno destaca en Ourense o “fortalecemento histórico” da Formación Profesional

Durante a visita, na que estivo acompañado pola directora do centro, Aida Saá, Santos puxo en valor o compromiso do Goberno coa educación pública e co acceso universal. Lembrou que as bolsas convocadas este ano suman 2.544 millóns de euros, a cifra máis alta da historia, e que Galicia recibiu este verán 74,3 millóns para o novo sistema de FP. Entre 2020 e 2025 destináronse 500 millóns á comunidade, o que permitiu crear 29.547 prazas.

O Goberno destaca en Ourense o “fortalecemento histórico” da Formación Profesional
Foto: Subdelegación do Goberno

O subdelegado subliñou tamén o reparto de 59 millóns de euros entre comunidades para libros de texto, dos que case tres chegaron a Galicia. “A educación é unha prioridade e ninguén debe quedar atrás nesta volta ás aulas”, afirmou.

Santos incidiu na aposta da ministra Pilar Alegría pola FP Dual, que combina formación en centros e empresas. “Este modelo garante máis oportunidades de emprego e mellora a competitividade das empresas españolas”, sinalou. Ademais, recordou que en marzo se aprobaron máis de 6.700 novas ofertas para a poboación activa, elevando o catálogo a máis de 7.500 accións formativas.

En canto aos Premios Irene 2025, o subdelegado animou ao centro a participar nesta convocatoria. Estes premios promoven proxectos educativos pola igualdade e contra a violencia e os discursos de odio. O certame conta con nove premios en tres modalidades. Os premios están dotados con 10.000 euros cada unha, e o prazo de inscrición remata o 3 de outubro ás 12:00 horas.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.