Xa coñecemos o programa do entroido de Frei Canedo da Ponte para este ano 2022 que volve con forzas renovadas para que non morra a festa.
Un dos entroidos máis arraigados de cidade de Ourense é o Frei Canedo da Ponte. Esta festa non se puido levar a cabo con normalidade no 2021 por mor da pandemia.
Chegado 2022 e ante unha mellor situación, os organizadores do Frei Canedo recuperan a maior parte das actividades tradicionais. Desta forma, os xogos, a música e a gastronomía serán o eixe central desta festa que se celebra no barrio da Ponte.
Programa de Frei Canedo da Ponte 2022
O programa presentado polos organizadores de Frei Canedo comeza o xoves, día 24, e remata o luns, 28 de febreiro. Presentamos a continuación o programa do mesmo:
Xoves, 24 de febreiro:
- Xoves de comadres
Sábado, 26 de febreiro:
- Xogos populares,
- Sesión vermú,
- Gran papatoria,
- Concerto de Maria Fumaça,
- concerto do grupo La Banda.
Luns, 28 de febreiro:
- Purificación co Potefumeiro,
- Sermón o cargo de Tino Churrero,
- Bendición dos novos cofrades,
- Cea na honra de Frei Canedo,
- Baile de disfraces co grupo América,
- Fogos de artificio.