Noticias

Barbadás regula os horarios dos seus parques públicos

A Xunta de Goberno Local do Concello de Barbadás aprobou por unanimidade as novas bases reguladoras que establecen os horarios de apertura dos parques e xardíns municipais, así como doutros espazos públicos que carecían de normativa específica.

Segundo o acordo, cada instalación deberá contar cun cartel informativo visible na súa entrada indicando o horario de uso.

Barbadás regula os horarios dos seus parques públicos

Nos casos nos que non exista sinalización, aplicarase un horario xeral de 09:00 a 23:00 horas.

Barbadás regula os horarios dos seus parques públicos

A normativa tamén contempla a posibilidade de ampliar ou reducir os tempos de apertura por razóns climáticas, medioambientais, de seguridade ou orde pública, mediante resolución da Alcaldía.

Con esta medida, o goberno local busca actualizar e unificar criterios de acceso aos espazos públicos, garantindo tanto o disfrute cidadán como a correcta conservación das instalacións. As novas bases entrarán en vigor tras a súa publicación na sede electrónica municipal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.