Identifican a outra vítima da fosa común de Celanova na que se atopan os restos de sete asturianos asasinados en setembro de 1936.
As probas de ADN confirmaron a identidade de Baldomero Vigil-Escalera Vallejo que tiña 19 anos cando foi fusilado.
Identifican a outra vítima da fosa común de Celanova
Natural de Xixón, Baldomero ingresou na prisión de Celanova o 25 de xaneiro de 1939 tras ser condenado a morte en xullo do ano 38. Sería o 22 de setembro de 1939 cando un pelotón de fusilamento acabou coa vida dos sete mozos no cemiterio de San Breixo.