Noticias

A igualdade foi o tema principal do proxecto En Redes

A igualdade foi o tema principal do proxecto En Redes que organizou a Federación de ANPAS de Centros Concertados e privados da provincia de Ourense.

En colaboración co Colexio Franciscanas de Ourense, esta actividade é unha ferramenta para o alumnado destes centros.

A igualdade foi o tema principal do proxecto En Redes

O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, participou en varias actividades do proxecto e tamén estivo presente no acto de clausura. «Paseino moi ben na miña experiencia e, ademais, aprendín. Parabéns pola iniciativa a todos» sinalou Santos.

A igualdade foi o tema principal do proxecto En Redes
Foto: Subdelegación do Goberno

Sobre o tema principal do proxecto, Eladio Santos destacou que «temos responsabilidade dende as institución e dende a sociedade. Afortunadamente, o alumnado está formándose, grazas a proxectos coma este, en que as mulleres son iguais que os homes en dereitos e oportunidades. Temos que estar orgullosos de aportar o noso gran de area».

Botón volver arriba